"Sendeiros de Gloria" é un filme dirixido por Stanley Kubrick e estrenada fai xa mais de medio século, concretamente no 1957. Centrada na IGM, protagonízaa Kirk Douglas, ademais de que esta baseada na novela homónima de 1935 (por Humphrey Cobb). Duración: 97min.
Como xa dixen, estamos nun tempo de guera e de moita crueza; o exército francés batalla diariamente cos nazis intentando facerlles retroceder. Entra en escena o Coronel Dax, o noso protagonistra, unha das poucas persoas con xuízo e humanidade que quedan dentro das tropas (e que ten un cargo algo alto). A orde que recibe? Tomar a Colina das Formigas sen reforzos e en dous días, o que é unha morte segura para todos os que traten de facelo. El, entón, defende ao seu escuadron dos xenerais George Broulard e Paul Mireau, que maquiavelicamente pásanse polo forro todo sentido común e convírtense nos "malos da peli". O filme conta como se desenvolven estes acontecementos facendonos pensar moitas veces o por qué das guerras (mais intensamente na escena final, cando os soldados comezan a chorar mentres lle fan coro a unha muller alemana prisioneira, nunha taberna e, vendoo dende as fiestas, o coronel Dax volve a creer na humanidade, dándolle unha oportunidade).
Primeira Guerra Mundial; Francia en 1916. Dous anos despois do asasinato do arquiduque de Austria-Hungría en Saraxevo (desencadeante da guerra) a rede países dos dous bandos esta ben formada. Nela, Francia e Alemaña, que xa estaban en tensión polo control de Alsacia e Lorena loitan brutalmente (neste caso, polo punto estratéxico chamado "Ant Hill" ou Colina das Formigas.
O director, de ideoloxía antimilitarista retrata as inxustizas e egoísmos dentro do exército da República Francesa (como por exemplo que teñan que morrer tres "cabezas de turcos" porque a un xeneral que so le importa subir o seu posto non queira pagar o pato por impoñer unha tarea imposíbel aos seus inferiores).
Como se pode apreciar, é en branco e negro. Dende o meu punto de vista esta bastante ben para pasar o rato; non é a mais entretida que vin na miña vida pero si que te fai levarte as mans á testa con algunhas cousas. Debo dicir que para o pouco presuposto que tiñan e a época na que estaban os efectos son moi bos: non recordo ver erratas ou cromas que se notan na película. PERO, (porque sempre os hai), denótase demasiado para o meu gusto quen ten o papel de que (bo, malo, tonto, protagonista xusticeiro, etc.) aínda que un pouquiño mais a frase "o patriotismo é o refuxio dos sinvergonzas" e todos os zascas que lle manda o protagonista ós seus superiores.
PUNTUACIÓN: 8 / 10
E como sempre, os personaxes principais:
O protagonista. Coronel Dax - Kirk Douglas.
O malo maloso e algo tolo: Xeneral Paul Mireau - George MacReady.
Os dous xenerais. Á dereita, George Broulard - Adolphe Menjou.
A chica alemana que canta entre vágoas - Christiane Kubrick.
Recita "Der treue Husar" ("O fiel húsar"), canción popular alemana que habla sobre un húsar que ama a unha
fermosa xóven durante un ano, ata que esta morre dunha enfermidade.
"Dances with Wolves" (o que literalmente significa "Danzas con Lobos") foi un filme estadounidense de 1990 (dous anos despois da caída do Muro de Berlín) dirixida por Kevin Costner (tamén protagonista), baseada na nóvela homónima de Michael Blake, a cal levou sete Oscar. Dura arredor de 180 minutos, cunha versión extendida de 233 min.
A trama trata dun soldado que esta vivindo en primeira persoa a Conquista do Oeste, de feito é el quen decide cambiar a súa posición e moverse a un dos postos fronteirizos que mais afastados estan do que coñecemos como civilización. Pasan os días e os meses e ao non recibiren ningunha orde nin mensaxe, decide entrar en contacto cos indios do pobo Sioux. Pouco a pouco intégrase e familiarízase coa cultura, ademais da lingua; isto e máis a xente que alí coñece serán os factores determinantes para que acabe tendo que elixir entre abandonar á súa vida anterior ou quedarse.
A película se centra no Século XIX, cando as trece colonias que formaban os Estados Unidos xa eran independentes de Gran Bretaña, e iniciaban a súa expansión dende o Leste. O territorio esta cheo de tribus autóctonas coas que entran en conflito, quedando ao final desaparecidas ou en reservas. Esta película nos mostra como foi o trato cara os indios (coma simples salvaxes, cando moitas veces era todo o contrario) e como funcionaban, como era a vida que eles coñecían e como se relacionan co noso protagonista.
A verdade é que a película estivo moi ben, foi un acerto tanto visual (un gran mérito para xa fai 25 anos da súa saída) como sonora (contando cunha banda musical que cautivoume). Por unha parte, penso que a versión extendida si que pode facerse longa, pero tamén que se pode disfrutar de case toda a película (xa sabedes que eu me meto moito dentro, ou polo que me contan é a miña cara a que o di todo). É moi orixinal representar este suceso dende este punto de vista, xa que a maioría poría aos indios como salvaxes e aos verdadeiros conquistadores como "heroes". Recomendada, como sempre, polo redactor xefe do blog: Sr. Martínez.
NOTA: 8,45/10
PERSONAXES:
Kevin Costner é o teniente John J. Dunbar / Bailando con Lobos (en sioux).
Oliver Twist é unha película estreada no 2005, cunha duración aproximada de 130 minutos. Foi rodada e producida en Reino Unido, e o seu director é Roman Polanski. Esta esta adaptada da famosa novela de 1838 escrita por Charles Dickens.
Todo comeza nunha cidade de Gran Bretaña, nun orfanato no que os nenos pasan tanta fame que deciden escoller a alguén para falar co director. É entón cando aparece Oliver, o noso protagonista, que será o afortunado. Acaba por ser expulsado do centro e ofrecido para limpar chimeneas, traballar como aprendiz e outros traballos varios. Farto, consegue escapar e emprender un longo camiño ata Londres, onde coñece a Artful Dodger, que lle ofrece un teito onde durmir. A partir de aí terá que traballar obrigado para Fagin, que dirixe unha banda de nenos carteristas.
O marco é, neste caso, a Revolución Industrial que tanto caracterizou a RU durante o S.XVIII. As cidades chéanse de fábricas e antigos granxeiros que se ven sen nada e non ven outra solución que vender a súa man de obra por un soldo mísero e nunhas condicións non moito mellores. Distinguimos dúas clases sociais (e non grupos, xa que ca chegada do capitalismo agora xa é "posíbel" ascender na sociedade): o proletarido, no que se centra a película e que con sorte consegue a súa subsistencia e a burguesía, que xa chegou ao poder (apartando á nobreza) e manexa os mercados, polo que é a parte que mellor vive.
Destacan os seguintes personaxes:
Oliver Twist, por Barney Clark. Neno Protagonista.
Ben Kingsley no papel de Fagin, o vello que coida ós nenos carteristas.
Edward Hardwicke como Mr. Brownlow, un burgués co que se atopa en Londres.
Harry Eden como The Artful Dodger, o mellor carterista do grupo.
Leanne Rowe como Nancy, a maior das chicas do grupo e
unha futura amiga de Oliver Twist
E por último pero non menos importante, a miña opinión.
En xeral todas as películas que vemos na clase son boas; esta non é unha excepción. Visualmente é bastante bonita e argumentalmente non hai ningún tipo de posibilidade de mellora. Un peliculón digno de ser visto. O espectador tamén evoluciona a nivel sentimental co paso da película, algo que de verdade que aprecio, xa que son unha desas persoas que acaban somerxidos completamente.
Neste caso, a peli que vos traio chámase Tempos Modernos, aínda que seguremente xa o saibades; meras formalidades. É moi nova, concretamente do ano 1936 (pero creo que tardou en chegar a España uns poucos anos máis, non por nada en especial). Dura 87 minutos, procede dos Estados Unidos e atopamos como personaxes máis importantes a Charles Chaplin (que tamén dirixe a rodaxe) e a Paulette Goddard.
Todo comeza unha bonita tarde de verán, cando Charles, un traballador da industria metalúrxica, vólvese tolo (ao pasar o día currando a velocidades inhumanas; démoslle as grazas a Ford), polo que é levado ó hospital. Cando consegue recuperarse, acaba metido nunha manifestación na que o arrestan e levan ó cárcere, onde lidera sen sabelo un motín que lle axuda a liberarse. É entón cando coñece a unha moza orfa coa que emprenderá unha viaxe pola supervivencia; eles contra o mundo.
A película, aínda que esta rodada en branco e negro e case completamente muda (triunfal concerto da man de Chaplin)
, consegue o que pretende: facer unha forte crítica ao momento que pasa o país. Falamos duns Estados Unidos puramente capitalistas que acaban de pasar os seus "Felices Anos 20" para chegar ó gran "Crack do 29". A xente morre de fame, máis dun quinto da poboación activa loitando por gañar o necesario para subsistir. Os "afortunados" que aínda conservan o seu traballo teñen que pasar cada día unhas xornadas de traballo longuísimas, cobrar uns salarios moi baixos, vivir un constante estrés e unha grande opresión por parte dos empresarios e a clase alta.
Rebaño de traballadores é comparado con unha plantilla de ovellas.
QUIETO PARAO querido espectador. Crías que xa acabara? Non, para nada. Como redactor xefe do meu propio blog caseiro quero dar a miña opinión, xa que aínda que antes de vela pensaba que ía ser un muermo e ía quedar durmido, non foi así. É boa, moi boa para a época. A falta de cor e de voces non lle fixeron ningún mal, de feito, creo que reforzan o ambiente da época aínda máis (era así como a xente vía o cine de entón). As esceas usadas reflexan moi ben a desigualdade e a denuncia faise clara, pero sempre mesturada cun toque de humor que fai ao público que en vez de acabar deprimido teña un sorriso e este pensando "jaja, que graciosillas las ovejitas" o "s'a matao Paco". Recomendada, de gran valor histórico.
Int.: Russell Crowe, Paul Bettany, James D'Arcy, Max Pirkis, Lee Ingleby, Robert Pugh, David Threlfall, Edward Woodall, Ian Mercer, Billy Boyd… [et. al].
1.DIRECTOR (&PREMIOS):
O director é Peter Weir, nacido o 21 de agosto do 1944 en Sidney, Australia. A súa primeira película foi "Os Coches que se Comeron París" (1974), pero non sería ata o ano seguinte cando unha versión súa dunha novela chamada "Picnic in the Hanging Rock" (por Joan Lindsay, 1967) conseguiu dar unha grande consideración mundial á cinematografía australiana. Faise famoso tamén con pelis como "Dead Poets Society" (1989), pero mais recentemente destaca por "Master and Commander" (2003), basada nas novelas de Patrick O'Brian. Ten 13 filmes en total, caracterizados pola evolucións dos personaxes ante as situacións, a tan coidada técnica visual e o manexo dos actores. Premios: 2003: 2 premios Oscar: Fotografía, efectos sonoros. 10 nom., incluíendo película. 2003: 4 premios BAFTA: Mejor director, deseño produc., vestiario e son. 8 nom. 2003: Globo de Oro: 3 nominacións a Mellor Drama, director (Weir), actor (Crowe). 2003: Nominada ó David di Donatello: Mellor película extranxeira. 2003: American Film Institute (AFI): Top 10 - Mellores películas do ano. 2003: Critics' Choice Awards: 3 nominacións a Mellor película, actor e actor sec.
Peter Weir
2.LIBRO/ESCRITOR:
Patrick O'Brian (Richard Patrick Russ) foi un novelista e tradutor británico nacido en Buckinghamshire (Inglatera) o 12 de decembro de 1914. Publica dúas novelas, unha recopilación de contos varios, libros para xovenes, novelas históricas, biografías (como a de Picasso), etc. e morre o 2 de enero do 2000.
Richard Patrick Russ
3/4.ARGUMENTO / CONTEXTO HISTÓRICO:
Guerras napoleónicas, ano 1805. Bonaparte domina Europa. Inglaterra consegue resistir porque é a primeira potencia naval do mundo (por iso o mar convértese no campo de batalla máis importante da época). No Atlántico, o Surprise, un barco inglés capitaneado por Jack Aubrey (Crowe), é atacado por sorpresa por un buque de guerra francés. Sofre moitos danos pero, aínda así, Aubrey decide seguir ó navío para interceptalo e capturar ao inimigo. Trátase dunha misión que pode determinar o destino de toda unha nación.
5.CURIOSIDADES SOBRE A RODAXE: Como non atopei moito da rodaxe vos deixarei uns poucos datos interesantes sobre como foi rodada esta pelicula: -Paul Bettany, o actor que interpreta ao médico amigo do capitan, tivo que aprender técnicas de ciruxía para as escenas de operacións.
-(Algo asquerosete) O mesmo actor declarou que nunca vera tanta xente vomitando (porque rodaban en alta mar) dende un concerto dos anos 80 de The Cure. Russell Crowe non vomitou e chuleouse de "ser un home feito á mar". -Este mesmo tivo que aprender a tocar o violín, moi importante para presentar ao protagonista.
-O director tiña tan pero tan claro que quería a Crowe como protagonista que estivo un ano enteiro intentando convencelo, ata que o conseguiu. Algunhas riñas houbo durante a rodaxe... -A personaxe creada por Patrick O'Brien, Jack Aubrey, basease no heroe nacional británico Thomas Cochrane, quen pateou bastante o cú dos franceses durante as guerras napoleónicas.
-É a única película rodada nas Galápagos.
-Para "endurecerse/motivarse" e rodar as escenas cúlmen, xogaron antes uns cantos partidos de rugby organizados por Crowe.
-A imaxe da dereita esta aí porque me gustou (:
6.PERSONAXES:
Os dous personaxes que sen dúbida destacaron + nesta trama (e dos que xa teño falado mil douscentas veces, gifs gratis incluídos) foron:
-Russell Crowe interpretando a Jack Aubrey, capitaneando o Surprise.
-Paul Bettany interpretando a (... parece que ninguén recorda como se chama o chorvo, bendita wikipedia) e o nome é... espera que o volvo a buscar. Ah si, Dr. Stephen Maturin.
Na clase o shippeo destes dous é trending topic. O vedes vós tamén?
7.VALORACIÓN PERSONAL:
Esta bastante ben, gústoume porque representa ben como era o orde e a vida dentro dos barcos da armada, ademais das batallas en alta mar. Por outro lado, (aquí é onde me poño algo duro) é verdade que non serve como argumento válido para facer esa viaxe tan longa que ao capitán se lle meta na cabeza perseguir a un barco miles de quilómetros, case afundíndose ao pasar polo Cabo de Hornos (algo aburrido tiña que estar). En xeral pareceume unha película para vela cunha manta e cando hai choiva (e moita comida, claro). Foi capaz de sorprenderme e interesarme, pero tamén poñerme triste (escena grabada na miña mente; non vos imaxinedes unha depresión por favor, algo lixeiriño) e de darme grima (outra para recordos).
Int.: Kirsten Dunst, Jason Schwartzman, Judy Davis, Rip Torn, Rose Byrne, Asia Argento, Danny Huston, Marianne Faithfull… [et. al].
1.DIRECTORA (&PREMIOS):
Neste caso trátase de Sofia Coppola, cuxo nome completo é Sofia Carmina Coppola. Nace en Nova Yorke (EEUU) o 14 de Maio de 1971, e ademais de ser directora de cine é guionista.
A súa carreira empeza moi cedo; aparece na película "O Padrino" cando non era mais ca un bebé. É filla do director e productor Francis Ford Coppola polo que aparece en varias das súas produccións. O seu papel mais coñecido foi o de Mary Corleone en "O Padrino: Parte III" (1990). A grande cantidade de críticas acabaron coa súa carreira interpretativa case por completo (fai unha pequena aparición en "Star Wars: Episodio I - A amenaza fantasma"(1999)).
A súa primeira experiencia detrás da cámara foi có corto Lick the Star (1998). Posteriormente, chegaría o seu recoñecemento a nivel mundial con "As vírxes suicidas" (1999) e máis adiante, "Lost in Translation" (2003) coas que gañaría numerosos premios. En 2006 estrena a súa película "Marie Antoinette" (2006) e lévase un Oscar a mellor vestiario, 3 nominacións ós BAFTA (mellor vestiario, maquillaxe e deseño da producción), dúas nominacións en Cannes e unha máis a Crtics' Choice Awards (mellor banda sonora). En 2010 gaña o León de Ouro do Festival Internacional do Cine de Venecia pola súa última película "Somewhere".
Sofia Coppola
2.LIBRO/ESCRITORA:
A película é unha adaptación libre do libro "María Antonieta: a viaxe" (2001) de Antonia Fraser.
Ela é filla de Frank Pakenham, 7º conde de Longford e a súa muller, Elizabeth condesa de Longford (nacida Harman), razon pola cal era habitualmente tratada como "Lady Antonia".
Comezou a traballar como "asistente multiusos" de George Weidenfeld en Weidenfeld and Nicolson (o seu "único traballo"), que se convertiu no seu editor e en parte de Orion Publishing Group, que publica os seus traballos no Reino Unido. Gañou o Premio de Historia Wolfson (1984) por "O vaso máis fráxil", un estudio da vida das mulleres do século XVII en Inglaterra. Interésase sempre por biografías históricas coas que fai as súas obras, ademais do seu gusto polas novelas policíacas, sendo exemplos a de María Antonieta, a de Carlos II ou a de Cleopatra.
Antonia Fraser
3.ARGUMENTO:
Ós 14 anos de idade, María Antonieta (Kirsten Dunst) é separada da súa familia e dos seus amigos en Viena, despoxada de todas as súas posesións e abandonada no mundo sofisticado e decadente de Versalles.
María Antonieta é un simple peón nun matrimonio concertado para solidificar a armonía entre dúas nacións. O seu home adolescente, Luis (Jason Schwartzman), o Delfín, é o herdeiro ó trono de Francia. Pero María Antonieta non está preparada para ser o tipo de rexente que espera o pobo francés. Baixo todo o luxo, ela é unha xóven protexida, asustada e confundida, rodeada de pérfidos detractores, falsos aduladores, titiriteiros e chismosos. Atrapada polas convencións da súa condición na vida, María Antonieta debe encontrar a forma de encaixar no traicioneiro mundo de Versalles.
Ós seus males engádese a indiferencia do seu novo home, Luis (có que tarda sete anos en consumar matrimonio, é dicir, manter relacións). O tímido futuro rei resulta ser un desastre como amante, desatando graves preocupacións (e incesantes cotilleos) porque María Antonieta nunca chegue a ter un herdeiro.
Abrumada e angustiada, María Antonieta busca refuxio na decadencia da aristocracia francesa e nunha aventura secreta có seductor conde sueco, Hans Axel von Fersen (Jamie Dornan). As súas indiscrecións cedo están na boca de toda Francia.
Tanto se é idealizada polo seu estilo impecable ou menospreciada por estar imperdoablemente fora do alcance dos seus súbditos, a reacción cara María Antonieta sempre é extrema. Sen embargo, pouco a pouco, a medida que vai madurando, vai encontrando o seu sitio coma muller, madre e raíña para terminar tráxicamente nunha revolución sangrienta que altera Francia para sempre.
4.CONTEXTO HISTÓRICO
Neste caso, a película esta ambientada no mesmo contexto que "O Perfume" (entrada anterior), a diferencia de que ó sistema económico feudal, ó poder absoluto dos reis, e sobretodo ós estamentos sociais (ós que se accede por nacemento) quédanlles dous telexornais, xa que estes reis foron guillotinados despois co estallido da Revolución francesa (non inmediatamente, senón que paran o seu carruaxe cando intentan saír do país, os aprisionan e cando radicalízanse as masas son executados, convertíndose Robespierre nun líder de masas). En esta película cabe destacar que a diferencia da anterior, todo se centra na vida da nobreza durante eses anos, e non na do terceiro ou segundo estado.
5.RODAXE:
O equipo de producción obtivo un acceso sen precedentes ó Palacio de Versalles, onde a verdadeira María Antonieta viviu dende o momento do seu casamento (1770) ata o estallido da Revolución francesa (1789). A película ten a mesma simpatía vista de María Antonieta á vida como se presentou na biografía de Antonia Fraser, da cal a directora fixo o guión.
Aínda que a acción ocorre en Versalles (incluídos o Pequeno Trianón e a Aldea da Reina), na Ópera de París (que foi construída tras a muote de María Antonieta), algunhas escenas foron tamén rodadas en "Vaux-le-Vicomte", "Chateau de Chantilly", o "Hôtel de Soubise", e no Palacio Belvedere, en Viena.
5.PERSONAXES:
- O matrimonio de protagonistas formado por Kirsten Dunst (María Antonieta) e Jason Schwartzman (que interpreta a Luís XVI).
Jason Schwartzman
Kirsten Dunst
- Judy Davis como Anne d'Arpajon, que lle ensina as costumes a María Antonieta na súa chegada.
Judy Davis
- Rip Torn como Luis XV, pai de Luis XVI.
Rip Torn
- Rose Byrne como Rose, la amiga inseparable de Maria Antonieta en Francia.
Rose Byrne
- Asia Argento como Madame Dubarry, ou o "rollete" do rei.
Asia Argento
- Marianne Faithfull como María Teresa I de Austria, nai de Maria Antonieta.
Marianne Faithfull
7.VALORACIÓN PERSONAL:
Debo dicir que xa teño lido bastantes comentarios acerca de esta película, e coincido con todos en que é do tipo das que ou te encantan porque son simplemente perfectas, ou odias a morte porque sentes que nunca recuperarás ese tempo perdido da túa vida. Que que me parece a min? Gustoume moitísimo e a verdade é que pasei un moi bo rato véndoa, e principalmente por dous motivos: o primeiro, a evolución de Maria Antonieta (desde cando chega a palacio coma unha neniña pequena e asustada ata cando sae coma unha muller, nai e raíña que consegue encontrar o seu sitio, quizás un pouco tarde, eso sí) e segundo a estética mesma da película, a forma de representar a vida de deuses que levaba o primeiro estado (con todas esas florituras, almorzos, pasteis e vestidos) contra o enfurecido pobo que preséntase na entrada do palacio para esixir xustiza. Penso que é unha peli digna de ser vista, pero ese é so a miña opinión.