martes, 3 de xaneiro de 2017

MARÍA ANTONIETA (MARIE-ANTOINETTE)


  Estados Unidos; Ano 2006, Ca.124min.

Int.: Kirsten Dunst, Jason Schwartzman, Judy Davis, Rip Torn, Rose Byrne, Asia Argento, Danny Huston, Marianne Faithfull… [et. al].

1.DIRECTORA (&PREMIOS):
 Neste caso trátase de Sofia Coppola, cuxo nome completo é Sofia Carmina Coppola. Nace en Nova Yorke (EEUU) o 14 de Maio de 1971, e ademais de ser directora de cine é guionista.
A súa carreira empeza moi cedo; aparece na película "O Padrino" cando non era mais ca un bebé. É filla do director e productor Francis Ford Coppola polo que aparece en varias das súas produccións. O seu papel mais coñecido foi o de Mary Corleone en "O Padrino: Parte III" (1990). A grande cantidade de críticas acabaron coa súa carreira interpretativa case por completo (fai unha pequena aparición en "Star Wars: Episodio I - A amenaza fantasma"(1999)).
A súa primeira experiencia detrás da cámara foi có corto Lick the Star (1998). Posteriormente, chegaría o seu recoñecemento a nivel mundial con "As vírxes suicidas" (1999) e máis adiante, "Lost in Translation" (2003) coas que gañaría numerosos premios. En 2006 estrena a súa película "Marie Antoinette" (2006) e lévase un Oscar a mellor vestiario, 3 nominacións ós BAFTA (mellor vestiario, maquillaxe e deseño da producción), dúas nominacións en Cannes e unha máis a Crtics' Choice Awards (mellor banda sonora). En 2010 gaña o León de Ouro do Festival Internacional do Cine de Venecia pola súa última película "Somewhere".

Sofia Coppola
2.LIBRO/ESCRITORA:
A película é unha adaptación libre do libro "María Antonieta: a viaxe" (2001) de Antonia Fraser. 
Ela é filla de Frank Pakenham, 7º conde de Longford e a súa muller, Elizabeth condesa de Longford (nacida Harman), razon pola cal era habitualmente tratada como "Lady Antonia".
Comezou a traballar como "asistente multiusos" de George Weidenfeld en Weidenfeld and Nicolson (o seu "único traballo"), que se convertiu no seu editor e en parte de Orion Publishing Group, que publica os seus traballos no Reino Unido. Gañou o Premio de Historia Wolfson (1984) por "O vaso máis fráxil", un estudio da vida das mulleres do século XVII en Inglaterra. Interésase sempre por biografías históricas coas que fai as súas obras, ademais do seu gusto polas novelas policíacas, sendo exemplos a de María Antonieta, a de Carlos II ou a de Cleopatra.
Antonia Fraser
3.ARGUMENTO:
 Ós 14 anos de idade, María Antonieta (Kirsten Dunst) é separada da súa familia e dos seus amigos en Viena, despoxada de todas as súas posesións e abandonada no mundo sofisticado e decadente de Versalles.
María Antonieta é un simple peón nun matrimonio concertado para solidificar a armonía entre dúas nacións. O seu home adolescente, Luis (Jason Schwartzman), o Delfín, é o herdeiro ó trono de Francia. Pero María Antonieta non está preparada para ser o tipo de rexente que espera o pobo francés. Baixo todo o luxo, ela é unha xóven protexida, asustada e confundida, rodeada de pérfidos detractores, falsos aduladores, titiriteiros e chismosos. Atrapada polas convencións da súa condición na vida, María Antonieta debe encontrar a forma de encaixar no traicioneiro mundo de Versalles.


 Ós seus males engádese a indiferencia do seu novo home, Luis (có que tarda sete anos en consumar matrimonio, é dicir, manter relacións). O tímido futuro rei resulta ser un desastre como amante, desatando graves preocupacións (e incesantes cotilleos) porque María Antonieta nunca chegue a ter un herdeiro.

Abrumada e angustiada, María Antonieta busca refuxio na decadencia da aristocracia francesa e nunha aventura secreta có seductor conde sueco, Hans Axel von Fersen (Jamie Dornan). As súas indiscrecións cedo están na boca de toda Francia.

 Tanto se é idealizada polo seu estilo impecable ou menospreciada por estar imperdoablemente fora do alcance dos seus súbditos, a reacción cara María Antonieta sempre é extrema. Sen embargo, pouco a pouco, a medida que vai madurando, vai encontrando o seu sitio coma muller, madre e raíña para terminar tráxicamente nunha revolución sangrienta que altera Francia para sempre.


4.CONTEXTO HISTÓRICO
 Neste caso, a película esta ambientada no mesmo contexto que "O Perfume" (entrada anterior), a diferencia de que ó sistema económico feudal, ó poder absoluto dos reis, e sobretodo ós estamentos sociais (ós que se accede por nacemento) quédanlles dous telexornais, xa que estes reis foron guillotinados despois co estallido da Revolución francesa (non inmediatamente, senón que paran o seu carruaxe cando intentan saír do país, os aprisionan e cando radicalízanse as masas son executados, convertíndose Robespierre nun líder de masas). En esta película cabe destacar que a diferencia da anterior, todo se centra na vida da nobreza durante eses anos, e non na do terceiro ou segundo estado.

5.RODAXE:
 O equipo de producción obtivo un acceso sen precedentes ó Palacio de Versalles, onde a verdadeira María Antonieta viviu dende o momento do seu casamento (1770) ata o estallido da Revolución francesa (1789). A película ten a mesma simpatía vista de María Antonieta á vida como se presentou na biografía de  Antonia Fraser, da cal a directora fixo o guión.

 Aínda que a acción ocorre en Versalles (incluídos o Pequeno Trianón e a Aldea da Reina), na Ópera de París (que foi construída tras a muote de María Antonieta), algunhas escenas foron tamén rodadas en "Vaux-le-Vicomte", "Chateau de Chantilly", o "Hôtel de Soubise", e no Palacio Belvedere, en Viena.



5.PERSONAXES:
 - O matrimonio de protagonistas formado por Kirsten Dunst (María Antonieta) e Jason Schwartzman (que interpreta a Luís XVI).
Jason Schwartzman 
Kirsten Dunst
 - Judy Davis como Anne d'Arpajon, que lle ensina as costumes a María Antonieta na súa chegada.

Judy Davis
 - Rip Torn como Luis XV, pai de Luis XVI.

Rip Torn
 - Rose Byrne como Rose, la amiga inseparable de Maria Antonieta en Francia.

Rose Byrne


 - Asia Argento como Madame Dubarry, ou o "rollete" do rei.

Asia Argento
 - Marianne Faithfull como María Teresa I de Austria, nai de Maria Antonieta.

Marianne Faithfull
7.VALORACIÓN PERSONAL:

 Debo dicir que xa teño lido bastantes comentarios acerca de esta película, e coincido con todos en que é do tipo das que ou te encantan porque son simplemente perfectas, ou odias a morte porque sentes que nunca recuperarás ese tempo perdido da túa vida. Que que me parece a min? Gustoume moitísimo e a verdade é que pasei un moi bo rato véndoa, e principalmente por dous motivos: o primeiro, a evolución de Maria Antonieta (desde cando chega a palacio coma unha neniña pequena e asustada ata cando sae coma unha muller, nai e raíña que consegue encontrar o seu sitio, quizás un pouco tarde, eso sí) e segundo a estética mesma da película, a forma de representar a vida de deuses que levaba o primeiro estado (con todas esas florituras, almorzos, pasteis e vestidos) contra o enfurecido pobo que preséntase na entrada do palacio para esixir xustiza. Penso que é unha peli digna de ser vista, pero ese é so a miña opinión.

8.NOTA: 7,9 / 10


9.TRÁILER:

2 comentarios:

  1. Moi bo o gift de Hitchcock facendo pesas coa guillotina!
    Reitérome no comentario do post anterior. A estrutura que segues está ben porque asegura que vas a tocar moitos paus diferentes da película, pero, ao tempo, abruma ao lector, que en realidade o que máis quere atopar é a túa opinión persoal a modo de crítica global do filme. Ao seguir ese guión, veste obrigado a encher cada epígrafe dun modo mecánico e iso menoscaba a túa espontaneidade á hora de escribir sobre María Antonieta ou calquera outro título. Quizais por iso, por exemplo, o argumento (punto 3) non é teu, senón que está tomado dalgún outro lugar. Non pasa nada, porque tamén hai opinión túa no resto do post, pero esa parte o invalida, porque fai que o lector xa non saiba se te está lendo realmente a ti. Así que olvídate desa estrutura, e do que digan outras páxinas, e se leal a ti mesmo. Le, busca, investiga... pero escribe libre, tecleando o que de verdade sintas e tal como che saia. Como fas no último apartado, o de valoración persoal, que é o que realmente debe ser cada post. É así como lograrás contido auténticamente Pablo ©, inequivocamente teu.
    A por el!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Hahahaha, o de Hitchcock foi inevitabel non peñelo. Gracias pola recomendación, a verdade é que con este esquema perdo un pouco as ganas de seguir escribindo; á próxima fareino coma ti dis de seguro!

      Eliminar