Neste caso, a peli que vos traio chámase Tempos Modernos, aínda que seguremente xa o saibades; meras formalidades. É moi nova, concretamente do ano 1936 (pero creo que tardou en chegar a España uns poucos anos máis, non por nada en especial). Dura 87 minutos, procede dos Estados Unidos e atopamos como personaxes máis importantes a Charles Chaplin (que tamén dirixe a rodaxe) e a Paulette Goddard.
Todo comeza unha bonita tarde de verán, cando Charles, un traballador da industria metalúrxica, vólvese tolo (ao pasar o día currando a velocidades inhumanas; démoslle as grazas a Ford), polo que é levado ó hospital. Cando consegue recuperarse, acaba metido nunha manifestación na que o arrestan e levan ó cárcere, onde lidera sen sabelo un motín que lle axuda a liberarse. É entón cando coñece a unha moza orfa coa que emprenderá unha viaxe pola supervivencia; eles contra o mundo.
A película, aínda que esta rodada en branco e negro e case completamente muda (triunfal concerto da man de Chaplin)
, consegue o que pretende: facer unha forte crítica ao momento que pasa o país. Falamos duns Estados Unidos puramente capitalistas que acaban de pasar os seus "Felices Anos 20" para chegar ó gran "Crack do 29". A xente morre de fame, máis dun quinto da poboación activa loitando por gañar o necesario para subsistir. Os "afortunados" que aínda conservan o seu traballo teñen que pasar cada día unhas xornadas de traballo longuísimas, cobrar uns salarios moi baixos, vivir un constante estrés e unha grande opresión por parte dos empresarios e a clase alta.
Rebaño de traballadores é comparado con unha plantilla de ovellas. |
É boa, moi boa para a época. A falta de cor e de voces non lle fixeron ningún mal, de feito, creo que reforzan o ambiente da época aínda máis (era así como a xente vía o cine de entón). As esceas usadas reflexan moi ben a desigualdade e a denuncia faise clara, pero sempre mesturada cun toque de humor que fai ao público que en vez de acabar deprimido teña un sorriso e este pensando "jaja, que graciosillas las ovejitas" o "s'a matao Paco". Recomendada, de gran valor histórico.
NOTA: 9,3 / 10
0 comentarios:
Publicar un comentario