Ola!! Chámome Martínez, Pablo Martínez; sede benvidos a este pequeno blog para a asignatura de Historia através do Cine do meu instituto IES San Paio, en Tui.
Creo que lendo o título calquera pode darse unha idea do que vai tratar este rincón, pero aínda así, gustaríame que antes de comentar as pelis puiderades ter unhas "nocións básicas" sobre o sentido da existencia de esta cousa rara, que non é máis que para axudar á xente que se fai a seguinte pregunta:
-Onde podo atopar pelis sobre... Revolución Francesa? Industrial?(etc.). Estan ben? De que van? ademais de info sobre o propio cine, actores, escritores...
Como teño 16 e (obviamente) non son ningún experto crítico do cine (nin vai dirixido a esta clase de persoas) quero facelo ó mais sinxelo de entender, todo ben ordenadiño e con moita foto.
Presentacións feitas, espero que vos sexa de utilidade e que comentedes o que vos pareceron estas películas e que nota lles daríades.
PD: tentarei facer na medida do posibel un pequeno esquema que sería así:
Os pequenos esquemas que serían así están sobrevalorados.*
Sorrín co título desta publicación e rin directamente con esa alusión a Bond encuberta no "chámome Martínez, Pablo Martínez". A orixinalidade sempre se agradece, segue por aí! Presentación clara, honesta e directa. Empezamos!
ResponderEliminar