sábado, 3 de xuño de 2017

"Johnny cogió su fusil" (Johnny got his gun)

 1971, dirixida por Dalton Trumbo. A duración é de 111 minutos. Johnny, o noso protagonista, encóntrase (como todas as persoas da súa idade) na obriga de loitar na IGM, deixando en Estados Unidos á súa noiva e pai (o cal non lle ten moito aprezo).
 
O 99% da película móstranos ó amigo inmovilizado nunha camilla tras a explosión dunha bomba, onde pasará meses e meses. Non ten nin brazos nin pernas, e semella que tras o pano que ten na cara non queda moito do que antes podía ser unha cara. 
 Esta peli trata un tema de moita controversia: a eutanasia (ademais do estúpida que é a guerra) e a pregunta que se fan todos os que o ven: é o mellor que siga vivindo? debedes vela para sacar as vosas conclusións. Mentres transcurre o tempo na película, como non podía ser doutra forma (porque entón duraría 5 minutos), Johnny lémbrase da súa vida pasada, das cousas que lle fixeron como persoa e das reflexións que moitas veces non podemos diferenciar destes recordos. 

  


 Xa volo vou resumindo: non me gustou. Iba a dicir que esta ben para ensinar como era o mundo, pero tampouco é excesivamente recreadora. Cando levabamos a metade do filme, xa quería que rematara; os 111 minutos que dura fanse eteeeeeernos, engadindo o feito de que media hora a pasa volvéndose loco e vivindo cousas que nin teñen relación coa historia nin deixan que avance a trama principal, polo que cando levas dous esta ben, pero 47502039010284290184 xa non.
E quero aclarar que non son unha persoa que necesite acción nas películas, ousexa que imaxinade.

PUNTUACIÓN: 3,7 / 10

Dalton Trumbo como Johnny.

4 comentarios:

  1. Non é unha peli fácil de ver. E pese a iso é unha peli necesaria. Ao mellor agradeceríase que non houbera recordos, ou soños ou pesadelos, e pola contra vísemos tan só a evolución clínica do paciente... seguiría tendo interese como alegato antibelicista e proeutanasia, pero faltaríanos algo para encaixar mellor as pezas do que pensa o noso soldado mentres ve como a vida se lle escapa entre os dedos coma un puñado de area.

    Million dollar baby ou Mar adentro, achéganse ao tema da eutanasia desde unha óptica menos arriscada e máis facil de ver. E War Horse permite recorrer a IGM sen estar morrendo nunha camilla... Pero en fin, non teñen ese algo especial e único que ten Johnny.

    ResponderEliminar