martes, 21 de marzo de 2017

OLIVER TWIST

Oliver Twist é unha película estreada no 2005, cunha duración aproximada de 130 minutos. Foi rodada e producida en Reino Unido, e o seu director é Roman Polanski. Esta esta adaptada da famosa novela de 1838 escrita por Charles Dickens.
  Todo comeza nunha cidade de Gran Bretaña, nun orfanato no que os nenos pasan tanta fame que deciden escoller a alguén para falar co director. É entón cando aparece Oliver, o noso protagonista, que será o afortunado. Acaba por ser expulsado do centro e ofrecido para limpar chimeneas, traballar como aprendiz e outros traballos varios. Farto, consegue escapar e emprender un longo camiño ata Londres, onde coñece a Artful Dodger, que lle ofrece un teito onde durmir. A partir de aí terá que traballar obrigado para Fagin, que dirixe unha banda de nenos carteristas.


 

 O marco é, neste caso, a Revolución Industrial que tanto caracterizou a RU durante o S.XVIII. As cidades chéanse de fábricas e antigos granxeiros que se ven sen nada e non ven outra solución que vender a súa man de obra por un soldo mísero e nunhas condicións non moito mellores. Distinguimos dúas clases sociais (e non grupos, xa que ca chegada do capitalismo agora xa é "posíbel" ascender na sociedade): o proletarido, no que se centra a película e que con sorte consegue a súa subsistencia e a burguesía, que xa chegou ao poder (apartando á nobreza) e manexa os mercados, polo que é a parte que mellor vive. 

Destacan os seguintes personaxes:
Oliver Twist, por Barney Clark. Neno Protagonista.

Ben Kingsley no papel de Fagin, o vello que coida ós nenos carteristas.
Edward Hardwicke como Mr. Brownlow, un burgués co que se atopa en Londres.
Harry Eden como The Artful Dodger, o mellor carterista do grupo.
Leanne Rowe como Nancy, a maior das chicas do grupo e
unha futura amiga de Oliver Twist
E por último pero non menos importante, a miña opinión. 

En xeral todas as películas que vemos na clase son boas; esta non é unha excepción. Visualmente é bastante bonita e argumentalmente non hai ningún tipo de posibilidade de mellora. Un peliculón digno de ser visto. O espectador tamén evoluciona a nivel sentimental co paso da película, algo que de verdade que aprecio, xa que son unha desas persoas que acaban somerxidos completamente.




0 comentarios:

Publicar un comentario