sábado, 3 de xuño de 2017

O Ladrón de Bicicletas (Ladri di biciclette)

 Pertence ao neorrealismo cinematográfico italiano, é dicir, as tomas foron grabadas nas rúas de Roma no momento que se quere representar (neste caso a segunda posguerra europea coa caída dos fascismos).

 A película é de 1948 e dura uns 93 min. Dirixida por Vittorio de Sica, cóntanos a historia dunha familia pobre (mais concretamente do pai e do fillo) á que lle rouban a bicicleta (medio de transporte mais usado, xa que o automóvil era demasiado costoso e escaso) que compraran vendendo as sábanas coas que durmían . Estes dous tratarán de recuperala para que Antonio (o home de Maria) poida manter o seu traballo como pegador de carteles. 


 Podo dicir que sentín un pouco de todo con esta peli. Non é algo que recomendo para plan de "finde" pero ten un valor como fonte histórica tremendo. Así como se ven as grietas que quedaron nos edificios tras a guerra, o protagonista móvese pola cidade e descubrimos ambientes marxistas, a pouca utilidade dos policías, a brutalidade dalgúns e a desesperación doutros, etc. Non ten un final que alguén poida esperar, xa que non remata co principal obxectivo de atopar a bicicleta, senón con outro suceso que lle da ,en certo sentido, o nome a esta película. Breve e útil; fantástico.

PUNTUACIÓN: 7,3 / 10

O fillo (Enzo Staiola como Bruno Ricci) e
o seu pai (Lamberto Maggiorani como Antonio Ricci).
Lianella Carell como Maria Ricci, esposa de Antonio.


1 comentario:

  1. O ladrón de bicicletas ou de como "a can fraco todo son pulgas"... Un retrato de como a miseria pode levar á perda da dignidade e a comerte os teus propios valores... incluso (é o máis doloroso) ante os ollos (asustados? sorprendidos? resignados? decepcionados?) do teu propio fillo. Outra peli dura e non apta para palomiteros... pero que non se esquece despois do verán. Senón, tempo ao tempo. ;)

    ResponderEliminar