Alemaña, España & Francia; Ano 2006. Ca.147min.
Int.: Ben Wishaw, Dustin Hoffman, Alan Rickman, Rachel Hurd-Wood, Karoline Herfurth… [et. al].
1.DIRECTOR:
Tom Tykwer é o director do rodaxe da película. Naceu en Wuppertal (Alemania) no 1965. Peter Pan foi probablemente a primeira película que viu, e di que a fantasía xuvenil de crear un mundo máxico paralelo foi unha inspiración ese día. Outra experiencia cinematográfica importante foi vendo King Kong (xa que con nove anos descobre que o cine era artificial, feito polos homes). Esta película en particular marcou o principio do seu cariño polo xénero de horror. Tykwer nomeou tamén “La Novia de Frankenstein” de James Whales y “Halloween” de John Carpenter como alguns destes primeirizos haxazgos. Tykwer empezou facendo películas en Súper 8 con once anos, un exercicio puramente fanático destinado a imitar as suas películas favoritas.
Tom Tykwer (director da rodaxe) |
2.LIBRO/ESCRITOR:
“O Perfume” foi ó principio un libro publicado polo escritor alemán Patrick Süskind, no 1985 baixo o título “Das Parfum: Die Geschichte eine Mörders”. Chegou a ser moi rápidamente best-seller, sendo traducido a máis de corenta linguas. O Perfume, dividido en catro partes e cincuenta e un capítulos, transporta ó lector a un mundo co que non está familiarizado, o mundo dos olores, a través do seu protagonista, Jean-Baptiste Grenouille (grenouille significa rá en francés).
Patrck Süskind (escritor) |
3.ARGUMENTO:
No lugar máis putrefacto de todo París nace Jean-Baptiste Grenouille baixo o posto que atende a súa nai, entre restos de peixe. Ós quince anos, descobre unha fragancia desconocida para el ata entón. Seguíndoa, chega ata unha fermosa moza de catorce anos que prepara ciruelas; ávido por sentir o aroma que emana dela, Grenouille acaba por estrangulala cando ela o descobre. A partir de entón, o obxectivo na súa vida será poder conservar a fragancia máis pura que olera nunca.
4.CONTEXTO HISTÓRICO:
A época na que se enmarca a novela pertence ós anos antes da Revolución Francesa. O sistema económico era o feudal (o comercio estaba moi pouco desenvolvido), os reis tiñan o poder absoluto e a sociedade estaba dividida en estamentos ou grupos sociais ós que se accede por nacemento (terceiro estado en Francia, nobreza e clero).
5.RODAXE:
Nun principio rodaríase en Croacia, pero finalmente decidiron filmar a maior parte en España, concretamente en Barcelona, Gerona e Figueras. O rodaxe en Cataluña durou aproximadamente dous meses.
As rúas de Barcelona convertíronse nas de París. O barrio gótico no Distrito de Ciutat Vella, centro da cidade histórico (de Barcelona), convírtese no mercado do pescado. Alí desarróllase a escena final, frente á Plaça de la Mercè. El Poble Espanyol foi a localización do laboratorio, a casa e o barrio do perfumeiro Jean Baptiste Grenouille. Por último o laberinto de Horta, é o lugar que se utiliza para rodar a cea entre os nobres parisinos e donde os xóvenes entran a xogar ó laberinto. Para crear o aspecto sucio auténtico, estivieron traballando sobre sesenta persoas para ensuciar e esparcir varias toneladas de desperdicios, peixe e carne pola cidade. Ademais, (SPOILER) unha das poucas partes filmadas fora de España foi na plaza de Grasse onde supúnase que ían torturar ó protagonista, pero este sorprendelles co aroma do perfume xa finalizado.
6.PERSONAXES:
Entre os personaxes principais encontramos a:
-Jean Baptiste interpretado por Ben Whishaw. É o protagonista da película.
-Dustin Hoffman interpretando a Giuseppe Baldini. É o perfumista que lle axuda a aprender as bases da creación dun perfume, a cambio de que este compóngalle mesturas coas que o seu negocio volve a ser competente.
Dustin Hofman |
-Alan Rickman interpreta a Antoine Richis, que é un nobre, padre moi protector (de Laura Richis).
Alan Rickman |
-Laura Richis interpretada por Rachel Hurd-Wood. Unha xoven de gran beleza que posee a esencia principal do perfume que elaborará Jean.
Rachel Hurd-Wood |
-Karoline Herfuth interpreta á vendedora de ciruelas. Encóntrase co protagonista cando este facía unha entrega no centro de París, e chámalle a atención polo olor que desprendía. Achégase moito sen que se de conta e ao velo tan pegado asústase e intenta gritar, pero tápalle coa man a boca e o naris tan forte que a acaba matando. Nese momento o único que pode facer é esperar a que o olor deixe de percibirse, impotente. Ahí é onde comeza a súa carreira para conservar fragancias.
Karoline Herfuth |
7.VALORACIÓN PERSONAL:
Trátase dunha película que retrata moi ben a sociedade e os problemas do momento, así como a diferenza entre nacer nobre ou ser do terceiro estado. Mestura a cruda realidade ca fantasía e o delirio do protagonista e do final que aínda totalmente inesperado, é unha escena na que a escritora do libro deixa voar a súa imaxinación cun resultado espectacular (SPOILER) no que o perfume fai que a poboación abandone os seus principios e se deixe guiar polo amor, sentimento que Grenouille é incapaz de entender (razón pola cal é o único que pode úsalo no seu beneficio sen enloquecer).
8.NOTA: 9,15/10
9.TRÁILER:
Ola Pablo!
ResponderEliminarCanta información! Descoñecía o significado de Grenouille. Ti cres que o feito de que teña ese nome persegue unha intención especial? Gustoume a explicación da rodaxe, con datos que dan unha idea do traballo para lograr a precisa ambientación histórica que se ve no filme. O feito de que o estrutures por apartados é práctico para quen busque unha información precisa, pero rompe un pouco a lectura para quen busque unha crítica túa da película (a menos que vaia a valoración persoal). Eu quizais optaría por fusionalo todo nun mesmo texto, empregando tan só os puntos e aparte como recurso para darlle estrutura ao contido. Gústame o final da valoración persoal, que resume moi ben o quid da cuestión e tamén ese aviso previo (necesario) de spoiler.