"Dances with Wolves" (o que literalmente significa "Danzas con Lobos") foi un filme estadounidense de 1990 (dous anos despois da caída do Muro de Berlín) dirixida por Kevin Costner (tamén protagonista), baseada na nóvela homónima de Michael Blake, a cal levou sete Oscar. Dura arredor de 180 minutos, cunha versión extendida de 233 min.
A trama trata dun soldado que esta vivindo en primeira persoa a Conquista do Oeste, de feito é el quen decide cambiar a súa posición e moverse a un dos postos fronteirizos que mais afastados estan do que coñecemos como civilización. Pasan os días e os meses e ao non recibiren ningunha orde nin mensaxe, decide entrar en contacto cos indios do pobo Sioux. Pouco a pouco intégrase e familiarízase coa cultura, ademais da lingua; isto e máis a xente que alí coñece serán os factores determinantes para que acabe tendo que elixir entre abandonar á súa vida anterior ou quedarse.
A película se centra no Século XIX, cando as trece colonias que formaban os Estados Unidos xa eran independentes de Gran Bretaña, e iniciaban a súa expansión dende o Leste. O territorio esta cheo de tribus autóctonas coas que entran en conflito, quedando ao final desaparecidas ou en reservas. Esta película nos mostra como foi o trato cara os indios (coma simples salvaxes, cando moitas veces era todo o contrario) e como funcionaban, como era a vida que eles coñecían e como se relacionan co noso protagonista.
A verdade é que a película estivo moi ben, foi un acerto tanto visual (un gran mérito para xa fai 25 anos da súa saída) como sonora (contando cunha banda musical que cautivoume). Por unha parte, penso que a versión extendida si que pode facerse longa, pero tamén que se pode disfrutar de case toda a película (xa sabedes que eu me meto moito dentro, ou polo que me contan é a miña cara a que o di todo). É moi orixinal representar este suceso dende este punto de vista, xa que a maioría poría aos indios como salvaxes e aos verdadeiros conquistadores como "heroes". Recomendada, como sempre, polo redactor xefe do blog: Sr. Martínez.
NOTA: 8,45/10
NOTA: 8,45/10
PERSONAXES:
Kevin Costner é o teniente John J. Dunbar / Bailando con Lobos (en sioux). |
Mary McDonnell é Puño en Alto. |
Graham Greene como Paxaro Guía. |
Rodney A. Grant como Cabelos ao Vento |
Pois si que pasaron anos daquela estrea! Quen o diría, porque a peli mantense en boa forma e non se lle nota tanto o paso dese tempo. De feito, segue mantendo vixentes todos os valores que naquel momento fixeron deste un filme multipremiado, a pesar de ser a primera peli que dirixía Kevin Costner (o tamén protagonista).
ResponderEliminarCreo que levar unha peli máis aló de tres hora é unha proeza, sobre todo para o espectador. Pero neste caso, como dis, segue sendo plenamente disfrutable: a fotografía, a banda sonora, as interpretacións, os valores que os indios representan aínda, ou esa voz narradora que nos explica en todo momento os pensamentos e emocións do protagonista, fan desta unha peli digna, fermosa e perdurable.
Mellor!