Esta película (a cal xa debera ter subida) dura 172 minutos, é estadounidense (aínda que como xa veredes ambiéntase en moitos escenarios do mundo) e tivo ás irmás Wachowski e a Tom Tykwer como directores, que a rodaron a partir na novela homónima "Cloud Atlas" (2004), de David Mitchell. Ben, preparádevos porque este post vai a ser un pouco mais longo do normal... ou eso creo.
A historia esta composta por seis tramas que ocorren en diferentes espazos de tempo moi alonxados de si. Semella que non teñen relación algunha ata o momento no que chegamos ó culme, momento no que, se es eu, levarás as mans á cabeza ("aahhh"). O tema principal é a loita (a mental, a física, pola supervivencia ou por unha sociedade mellor), que acaba alterando o futuro dunha ou doutra forma.
"Unha exploración de como as accions individuais impactan nas vidas pasadas, presentes e futuras, o asasino convértese nun heroe e un acto de bondade ondea a través dos séculos para inspirar unha revolución."
Historias:
****SPOILER****
O elemento que une ou relaciona a estes personaxes é este debuxo co que todos nacen e que vai aparecendo ó longo da peli, a modo de marca de nacemento.
- The Pacific Journal of Adam Ewing (O diario do Pacífico de Adam Ewing).
Sur do Océano Pacífico, 1849. Adam Ewing, un avogado estadounidense de San Francisco durante a Febre do ouro de California, chegou ás Illas Chatham para concluír un acordo comercial co reverendo Gilles Horrox polo seu sogro, Haskell Moore. É testemuña da malleira dada a un escravo moriori, Autua, que se esconde na embarcación de Ewing, e convénceo para mantelo oculto, entón Ewing avoga por el para que se unise á tripulación como un home libre. Mentres tanto, o Dr. Henry Goose lentamente envenena a Ewing, alegando que era a cura para un verme parasito, co obxectivo de roubar obxectos valiosos de Ewing.
- Letters from Zedelghem (Cartas desde Zedelghem).
Cambridge (Inglaterra) e Edinburgo (Escocia). En 1936, Robert Frobisher, un mozo músico británico que é bisexual atopa traballo como un copista para o famoso compositor Vyvyan Ayrs, o que lle permite o tempo e a inspiración para compoñer a súa propia obra mestra: "O Sexteto do Atlas das Nubes" (banda que lle da o nome á película, composta polos directores). Unha vez terminada esta, Ayrs quere atribuírse o mérito e ameazalle con expoñer ao mundo a súa condición, o que lle deixaría na miseria. Frobisher suicidase pouco antes de que chegue o seu amante Rufus Sixsmith.
- Half-Lives: The First Luisa Rey Mystery (Semivida: o primeiro misterio de Luisa Rey).
San Francisco, California, 1973. Luisa Rey é unha xornalista que por casualidade atópase cun vello Sixsmith (o amante do compositor da anterior historia) que traballa como físico nuclear. Rey apunta cara a Sixsmith por unha conspiración en relación coa seguridade dun reactor nuclear novo, pero este é asasinado polo sicario Bill Smoke antes de que poida darlle a Luisa Rey o informe que o demostra.
Aí é onde comeza a acción realmente, xa que irán a por ela e a polos seus coñecidos. Deberá investigar a fondo e infiltrarse nalgún que outro sitio para conseguir a verdade.
- The Ghastly Ordeal of Timothy Cavendish (O horrible calvario de Timothy Cavendish).
Reino Unido, 2012. Timothy Cavendish, un editor de 65 anos de idade, ten un golpe de sorte cando Dermott Hoggins, o autor gánster cuxo libro publicoule, asasina a un crítico e é enviado ao cárcere. Cando os socios do autor ameazan a vida de Cavendish para conseguir parte dos beneficios, Cavendish diríxese cara ao seu irmán Denholme por axuda. O seu irmán engánao e convénceo de esconderse nun asilo de anciáns, onde é retido en contra da súa vontade e maltratado pola enfermeira tirana Noakes.
- An Orison of Sonmi-451 (Unha oración de Sonmi-451).
Neo Seúl, Corea, 2144. Sonmi-451, unha muller fabricada por enxeñería xenética (un clon) que traballaba nun restaurante de comida rápida, é entrevistada antes da súa execución. Ela relata como foi liberada da súa vida de servidume polo Comandante Hae-Joo Chang, membro dun movemento rebelde coñecido como "Unión". Mentres está na clandestinidade, ve unha película baseada na aventura de Cavendish ( que ten resumo mais arriba). SPOILER: Os rebeldes da Unión revélanlle que as clons como ela son sacrificados e "reciclados" como alimento para clons futuros.
- Sloosha's Crossin' an' Ev'rythin' After (O cruzamento de Slusha, e todo o que veu despois).
Illas Hawaianas, nunha terra posapocalíptica, en 2321 (106 anos despois da Caída). Un nativo de nome Zachry leva unha vida primitiva despois de que a maior parte da humanidade morrese na chamada "Caída", axexado por constantes visións dun diaño, coñecido pola súa xente como "Old Georgie" (Vello George). Este diaño parece algunha clase de entidade esquecida que existe só dentro da mente de Zachry. Despois de que o seu cuñado fose asasinado polo líder caníbal da tribo rival kona, Georgie aparéceselle seguidamente en varias visións para manipulalo e facelo sucumbir ao medo. Logo dun tempo, Zachry é visitado por Meronym, un membro dos "Prescientes", os últimos sobrevivientes dunha civilización tecnoloxicamente avanzada. A cambio de salvar á súa nova sobriña envelenada, Zachry accede a guiar a Meronym a través das montañas ata o Mauna Kea en busca do "Cloud Atlas", unha estación de comunicacións desde onde se podería enviar unha mensaxe de axuda á xente que deixou a Terra e que agora vive noutros planetas colonizados.
OPINIÓN:
Creo que quedou claro o moito que esta película me gustou. Disfruteina dende o primeiro momento ata a última escena, cando xa se desvelaran todas as preguntas que ían surxindo co avance do filme. Esta moi ben feita e deixa claro que temas quere criticar, cunha espectacular trama na que os slatos para pasar a outro relato che deixan con ganas de saber como remata que acontecerá despois. Xa a vin tres veces e afirmo que a vería sen problema unha cuarta vez. Magnífica, das favoritas.
Non podo dicir o mesmo. Ao cabo de hora e pico seguía sen entender nada, perdido nun baleiro de proporcións universais... Pero alégrame que a ti che gustase tanto. Supoño que perdín a paciencia antes de tempo, ou que esperaba que me enganchara en cero coma...
ResponderEliminarEspero que o curso, as pelis e as conversas en torno a elas pagaran a pena, Pablo. Este cinematógrafo debera seguir funcionando, así que espero seguir léndote a medida que metes novos filmes na mochila da vida.
Ata pronto, amigo.