luns, 5 de xuño de 2017

O Atlas das Nubes (Cloud Atlas)

 Esta película (a cal xa debera ter subida) dura 172 minutos, é estadounidense (aínda que como xa veredes ambiéntase en moitos escenarios do mundo) e tivo ás irmás Wachowski e a Tom Tykwer como directores, que a rodaron a partir na novela homónima "Cloud Atlas" (2004), de David Mitchell. Ben, preparádevos porque este post vai a ser un pouco mais longo do normal... ou eso creo.

 A historia esta composta por seis tramas que ocorren en diferentes espazos de tempo moi alonxados de si. Semella que non teñen relación algunha ata o momento no que chegamos ó culme, momento no que, se es eu, levarás as mans á cabeza ("aahhh"). O tema principal é a loita (a mental, a física, pola supervivencia ou por unha sociedade mellor), que acaba alterando o futuro dunha ou doutra forma.


 "Unha exploración de como as accions individuais impactan nas vidas pasadas, presentes e futuras, o asasino convértese nun heroe e un acto de bondade ondea a través dos séculos para inspirar unha revolución."

Historias:

****SPOILER****

 O elemento que une ou relaciona a estes personaxes é este debuxo co que todos nacen e que vai aparecendo ó longo da peli, a modo de marca de nacemento.


  • The Pacific Journal of Adam Ewing (O diario do Pacífico de Adam Ewing).


 Sur do Océano Pacífico, 1849. Adam Ewing, un avogado estadounidense de San Francisco durante a Febre do ouro de California, chegou ás Illas Chatham para concluír un acordo comercial co reverendo Gilles Horrox polo seu sogro, Haskell Moore. É testemuña da malleira dada a un escravo moriori, Autua, que se esconde na embarcación de Ewing, e convénceo para mantelo oculto, entón Ewing avoga por el para que se unise á tripulación como un home libre. Mentres tanto, o Dr. Henry Goose lentamente envenena a Ewing, alegando que era a cura para un verme parasito, co obxectivo de roubar obxectos valiosos de Ewing.


  • Letters from Zedelghem (Cartas desde Zedelghem).

Cambridge (Inglaterra) e Edinburgo (Escocia). En 1936, Robert Frobisher, un mozo músico británico que é bisexual atopa traballo como un copista para o famoso compositor Vyvyan Ayrs, o que lle permite o tempo e a inspiración para compoñer a súa propia obra mestra: "O Sexteto do Atlas das Nubes" (banda que lle da o nome á película, composta polos directores). Unha vez terminada esta, Ayrs quere atribuírse o mérito e ameazalle con expoñer ao mundo a súa condición, o que lle deixaría na miseria. Frobisher suicidase pouco antes de que chegue o seu amante Rufus Sixsmith.

  • Half-Lives: The First Luisa Rey Mystery (Semivida: o primeiro misterio de Luisa Rey).


 San Francisco, California, 1973. Luisa Rey é unha xornalista que por casualidade atópase cun vello Sixsmith (o amante do compositor da anterior historia) que traballa como físico nuclear. Rey apunta cara a Sixsmith por unha conspiración en relación coa seguridade dun reactor nuclear novo, pero este é asasinado polo sicario Bill Smoke antes de que poida darlle a Luisa Rey o informe que o demostra.

 Aí é onde comeza a acción realmente, xa que irán a por ela e a polos seus coñecidos. Deberá investigar a fondo e infiltrarse nalgún que outro sitio para conseguir a verdade.

  • The Ghastly Ordeal of Timothy Cavendish (O horrible calvario de Timothy Cavendish).

 Reino Unido, 2012. Timothy Cavendish, un editor de 65 anos de idade, ten un golpe de sorte cando Dermott Hoggins, o autor gánster cuxo libro publicoule, asasina a un crítico e é enviado ao cárcere. Cando os socios do autor ameazan a vida de Cavendish para conseguir parte dos beneficios, Cavendish diríxese cara ao seu irmán Denholme por axuda. O seu irmán engánao e convénceo de esconderse nun asilo de anciáns, onde é retido en contra da súa vontade e maltratado pola enfermeira tirana Noakes.

  •  An Orison of Sonmi-451 (Unha oración de Sonmi-451).


 Neo Seúl, Corea, 2144. Sonmi-451, unha muller fabricada por enxeñería xenética (un clon) que traballaba nun restaurante de comida rápida, é entrevistada antes da súa execución. Ela relata como foi liberada da súa vida de servidume polo Comandante Hae-Joo Chang, membro dun movemento rebelde coñecido como "Unión". Mentres está na clandestinidade, ve unha película baseada na aventura de Cavendish ( que ten resumo mais arriba). SPOILER: Os rebeldes da Unión revélanlle que as clons como ela son sacrificados e "reciclados" como alimento para clons futuros.


  • Sloosha's Crossin' an' Ev'rythin' After (O cruzamento de Slusha, e todo o que veu despois).


Illas Hawaianas, nunha terra posapocalíptica, en 2321 (106 anos despois da Caída). Un nativo de nome Zachry leva unha vida primitiva despois de que a maior parte da humanidade morrese na chamada "Caída", axexado por constantes visións dun diaño, coñecido pola súa xente como "Old Georgie" (Vello George). Este diaño parece algunha clase de entidade esquecida que existe só dentro da mente de Zachry. Despois de que o seu cuñado fose asasinado polo líder caníbal da tribo rival kona, Georgie aparéceselle seguidamente en varias visións para manipulalo e facelo sucumbir ao medo. Logo dun tempo, Zachry é visitado por Meronym, un membro dos "Prescientes", os últimos sobrevivientes dunha civilización tecnoloxicamente avanzada. A cambio de salvar á súa nova sobriña envelenada, Zachry accede a guiar a Meronym a través das montañas ata o Mauna Kea en busca do "Cloud Atlas", unha estación de comunicacións desde onde se podería enviar unha mensaxe de axuda á xente que deixou a Terra e que agora vive noutros planetas colonizados.


 OPINIÓN: 

 Creo que quedou claro o moito que esta película me gustou. Disfruteina dende o primeiro momento ata a última escena, cando xa se desvelaran todas as preguntas que ían surxindo co avance do filme. Esta moi ben feita e deixa claro que temas quere criticar, cunha espectacular trama na que os slatos para pasar a outro relato che deixan con ganas de saber como remata que acontecerá despois. Xa a vin tres veces e afirmo que a vería sen problema unha cuarta vez. Magnífica, das favoritas.

NOTA: 9 / 10













sábado, 3 de xuño de 2017

O Ladrón de Bicicletas (Ladri di biciclette)

 Pertence ao neorrealismo cinematográfico italiano, é dicir, as tomas foron grabadas nas rúas de Roma no momento que se quere representar (neste caso a segunda posguerra europea coa caída dos fascismos).

 A película é de 1948 e dura uns 93 min. Dirixida por Vittorio de Sica, cóntanos a historia dunha familia pobre (mais concretamente do pai e do fillo) á que lle rouban a bicicleta (medio de transporte mais usado, xa que o automóvil era demasiado costoso e escaso) que compraran vendendo as sábanas coas que durmían . Estes dous tratarán de recuperala para que Antonio (o home de Maria) poida manter o seu traballo como pegador de carteles. 


 Podo dicir que sentín un pouco de todo con esta peli. Non é algo que recomendo para plan de "finde" pero ten un valor como fonte histórica tremendo. Así como se ven as grietas que quedaron nos edificios tras a guerra, o protagonista móvese pola cidade e descubrimos ambientes marxistas, a pouca utilidade dos policías, a brutalidade dalgúns e a desesperación doutros, etc. Non ten un final que alguén poida esperar, xa que non remata co principal obxectivo de atopar a bicicleta, senón con outro suceso que lle da ,en certo sentido, o nome a esta película. Breve e útil; fantástico.

PUNTUACIÓN: 7,3 / 10

O fillo (Enzo Staiola como Bruno Ricci) e
o seu pai (Lamberto Maggiorani como Antonio Ricci).
Lianella Carell como Maria Ricci, esposa de Antonio.


"Johnny cogió su fusil" (Johnny got his gun)

 1971, dirixida por Dalton Trumbo. A duración é de 111 minutos. Johnny, o noso protagonista, encóntrase (como todas as persoas da súa idade) na obriga de loitar na IGM, deixando en Estados Unidos á súa noiva e pai (o cal non lle ten moito aprezo).
 
O 99% da película móstranos ó amigo inmovilizado nunha camilla tras a explosión dunha bomba, onde pasará meses e meses. Non ten nin brazos nin pernas, e semella que tras o pano que ten na cara non queda moito do que antes podía ser unha cara. 
 Esta peli trata un tema de moita controversia: a eutanasia (ademais do estúpida que é a guerra) e a pregunta que se fan todos os que o ven: é o mellor que siga vivindo? debedes vela para sacar as vosas conclusións. Mentres transcurre o tempo na película, como non podía ser doutra forma (porque entón duraría 5 minutos), Johnny lémbrase da súa vida pasada, das cousas que lle fixeron como persoa e das reflexións que moitas veces non podemos diferenciar destes recordos. 

  


 Xa volo vou resumindo: non me gustou. Iba a dicir que esta ben para ensinar como era o mundo, pero tampouco é excesivamente recreadora. Cando levabamos a metade do filme, xa quería que rematara; os 111 minutos que dura fanse eteeeeeernos, engadindo o feito de que media hora a pasa volvéndose loco e vivindo cousas que nin teñen relación coa historia nin deixan que avance a trama principal, polo que cando levas dous esta ben, pero 47502039010284290184 xa non.
E quero aclarar que non son unha persoa que necesite acción nas películas, ousexa que imaxinade.

PUNTUACIÓN: 3,7 / 10

Dalton Trumbo como Johnny.

mércores, 24 de maio de 2017

O último Samurái (The Last Samurai)


 "O último Samurai" é unha película estadounidense comercializada no ano 2003 que trata a rápida evolución industrial, armamentística, comercial... de Xapón, contrastándoo co antigo feudalismo. O director é Edwar Zwick e ten unha duración de 144min.

  A súa historia como estado é moi rara e á vez interesante. Resulta que cando nós xa deixáramos a Idade Media facía uns centos de anos, eles seguían ó seu, e un día semella que a alguén se lle ocorreu que sería boa idea evolucional. Voilà! Reforma Meiji pola cara.
Conseguiron o imposible! en nada pasaron do nivel "granxeiro busca esposa" a "queridos EEUU, o sejundo posto pa' vós". 
 Capitalistas declarados, creceron primeira e principalmente co téxtil, producto que vendían ós mercados internacionales (ademais do interior) de occidente, facéndolle competencia directa a China ou India, e construíron ferrocarril e máquinas de vapor por un tubo, e lles sobraba tempo. Ademais, o empleo da muller nestas fábricas era maioritario (o que significou un pequeno avance na igualdade).


 O capitán Nathan Algren, que combatira xa na Guerra Civil estadounidense (1861-1865), é un home sen demasiadas esperanzas na humanidade, viaxa a Xapón para ensinarlle as novidades ao exército e aprenderlles as tácticas e demais. Na súa visita, cruzarase con Katsumoto, samurai (un pouco moi idealizado de mais) que esta vendo como o seu mundo derrúmbase. A historia (que nos recorda a outra película, que por casualidade ten tamén entrada neste blog) desenvolve esta amizade e o cambio de chaqueta que fai o noso prota.


 Tatatachaaaan! Opinión teño, pero depende. A cousa é que eu son moi de vivilo ó máximo, entón é unha festa. Para o resto dos mortais creo que é unha filme perfecta para venres-noite dos que non tés moita cousa que facer e mentras ves que poder picar fíxaste naquelas palomitas do fondo da despensa. Hai que admitir que o guión esta ben e a historia, bueno, aínda que se note que veña quentiña das entrañas de Hoolywood non esta nada mal. Agora sí, isto de representar ós samurais como bonachóns non sei eu, pero teño oído que facían demasiadas cousas pouco "honrosas", ademais de que POR FAVOR, esta película e BAILANDO CON NON SEI QUE (aquela dos indios) teñen demasiaado que ver. Decidín ser boa persoa; quitareille so punto e medio por isto (e iso que como lle pillaran no meu instituto quedaban cun ceropio).

NOTA: 6 / 10

O chico-non-chinés protagonista e a chica-si-chinesa á que lle matou o home.
O shippeo é confirmed 100% (e o de chinés unha broma)
(Tom Cruise comoNathan Algren  e  Koyuki como Taka)

O enemigo-pero-despois-amigo samurai
(Ken Watanabe como Katsumoto)
Malo-maloso burgués-xaponés
(Hiroyuki Sanada como Ujio)
O que non se entera "de que vai a película"
(un tal Nakamura que fai do emperador)
E este non me acordo ben de quen era, de feiro non sae moito,
caeume ben e entón o poño (creo que era familiar de Taka)
(Shin Koyamada como Nobucada)





mércores, 26 de abril de 2017

SENDEIROS DE GLORIA (PATHS OF GLORY)

 "Sendeiros de Gloria" é un filme dirixido por Stanley Kubrick e estrenada fai xa mais de medio século, concretamente no 1957. Centrada na IGM, protagonízaa Kirk Douglas, ademais de que esta baseada na novela homónima de 1935 (por Humphrey Cobb). Duración: 97min.

 Como xa dixen, estamos nun tempo de guera e de moita crueza; o exército francés batalla diariamente cos nazis intentando facerlles retroceder. Entra en escena o Coronel Dax, o noso protagonistra, unha das poucas persoas con xuízo e humanidade que quedan dentro das tropas (e que ten un cargo algo alto). A orde que recibe? Tomar a Colina das Formigas sen reforzos e en dous días, o que é unha morte segura para todos os que traten de facelo. El, entón, defende ao seu escuadron dos xenerais George Broulard e Paul Mireau, que maquiavelicamente pásanse polo forro todo sentido común e convírtense nos "malos da peli". O filme conta como se desenvolven estes acontecementos facendonos pensar moitas veces o por qué das guerras (mais intensamente na escena final, cando os soldados comezan a chorar mentres lle fan coro a unha muller alemana prisioneira, nunha taberna e, vendoo dende as fiestas, o coronel Dax volve a creer na humanidade, dándolle unha oportunidade).

 

 Primeira Guerra Mundial; Francia en 1916. Dous anos despois do asasinato do arquiduque de Austria-Hungría en Saraxevo (desencadeante da guerra) a rede países dos dous bandos esta ben formada. Nela, Francia e Alemaña, que xa estaban en tensión polo control de Alsacia e Lorena loitan brutalmente (neste caso, polo punto estratéxico chamado  "Ant Hill" ou Colina das Formigas.
 O director, de ideoloxía antimilitarista retrata as inxustizas e egoísmos dentro do exército da República Francesa (como por exemplo que teñan que morrer tres "cabezas de turcos" porque a un xeneral que so le importa subir o seu posto non queira pagar o pato por impoñer unha tarea imposíbel aos seus inferiores).

 Como se pode apreciar, é en branco e negro. Dende o meu punto de vista esta bastante ben para pasar o rato; non é a mais entretida que vin na miña vida pero si que te fai levarte as mans á testa con algunhas cousas. Debo dicir que para o pouco presuposto que tiñan e a época na que estaban os efectos son moi bos: non recordo ver erratas ou cromas que se notan na película. PERO, (porque sempre os hai), denótase demasiado para o meu gusto quen ten o papel de que (bo, malo, tonto, protagonista xusticeiro, etc.) aínda que un pouquiño mais a frase "o patriotismo é o refuxio dos sinvergonzas" e todos os zascas que lle manda o protagonista ós seus superiores.

PUNTUACIÓN: 8 / 10



 E como sempre, os personaxes principais:

O protagonista. Coronel Dax - Kirk Douglas.

O malo maloso e algo tolo: Xeneral Paul Mireau - George MacReady.

Os dous xenerais. Á dereita, George Broulard - Adolphe Menjou.

A chica alemana que canta entre vágoas -  Christiane Kubrick.
Recita "Der treue Husar" ("O fiel húsar"), canción popular alemana que habla sobre un húsar que ama a unha
fermosa xóven durante un ano, ata que esta morre dunha enfermidade.

Soldado Maurice Ferol - Timothy Carey.