"O último Samurai" é unha película estadounidense comercializada no ano 2003 que trata a rápida evolución industrial, armamentística, comercial... de Xapón, contrastándoo co antigo feudalismo. O director é Edwar Zwick e ten unha duración de 144min.
A súa historia como estado é moi rara e á vez interesante. Resulta que cando nós xa deixáramos a Idade Media facía uns centos de anos, eles seguían ó seu, e un día semella que a alguén se lle ocorreu que sería boa idea evolucional. Voilà! Reforma Meiji pola cara.
Conseguiron o imposible! en nada pasaron do nivel "granxeiro busca esposa" a "queridos EEUU, o sejundo posto pa' vós".
Capitalistas declarados, creceron primeira e principalmente co téxtil, producto que vendían ós mercados internacionales (ademais do interior) de occidente, facéndolle competencia directa a China ou India, e construíron ferrocarril e máquinas de vapor por un tubo, e lles sobraba tempo. Ademais, o empleo da muller nestas fábricas era maioritario (o que significou un pequeno avance na igualdade).
O capitán Nathan Algren, que combatira xa na Guerra Civil estadounidense (1861-1865), é un home sen demasiadas esperanzas na humanidade, viaxa a Xapón para ensinarlle as novidades ao exército e aprenderlles as tácticas e demais. Na súa visita, cruzarase con Katsumoto, samurai (un pouco moi idealizado de mais) que esta vendo como o seu mundo derrúmbase. A historia (que nos recorda a outra película, que por casualidade ten tamén entrada neste blog) desenvolve esta amizade e o cambio de chaqueta que fai o noso prota.
Tatatachaaaan! Opinión teño, pero depende. A cousa é que eu son moi de vivilo ó máximo, entón é unha festa. Para o resto dos mortais creo que é unha filme perfecta para venres-noite dos que non tés moita cousa que facer e mentras ves que poder picar fíxaste naquelas palomitas do fondo da despensa. Hai que admitir que o guión esta ben e a historia, bueno, aínda que se note que veña quentiña das entrañas de Hoolywood non esta nada mal. Agora sí, isto de representar ós samurais como bonachóns non sei eu, pero teño oído que facían demasiadas cousas pouco "honrosas", ademais de que POR FAVOR, esta película e BAILANDO CON NON SEI QUE (aquela dos indios) teñen demasiaado que ver. Decidín ser boa persoa; quitareille so punto e medio por isto (e iso que como lle pillaran no meu instituto quedaban cun ceropio).
NOTA: 6 / 10
O chico-non-chinés protagonista e a chica-si-chinesa á que lle matou o home. O shippeo é confirmed 100% (e o de chinés unha broma) (Tom Cruise comoNathan Algren e Koyuki como Taka) |
O enemigo-pero-despois-amigo samurai (Ken Watanabe como Katsumoto) |
Malo-maloso burgués-xaponés (Hiroyuki Sanada como Ujio) |
O que non se entera "de que vai a película" (un tal Nakamura que fai do emperador) |
E este non me acordo ben de quen era, de feiro non sae moito, caeume ben e entón o poño (creo que era familiar de Taka) (Shin Koyamada como Nobucada) |
:D Rinme cos pes de foto dos protagonistas. Si, está claro que habendo un Bailando con lobos, esta película pasa a un segundo plano. Eu creo que todos coincidimos nelo, igual que na caracterización tópica e simplista dalgúns personaxes, e a idealización dun mundo, o dos samurais, que non agradaba a todos porque tamén defendía os intereses duns poucos.
ResponderEliminar