mércores, 22 de marzo de 2017

BAILANDO CON LOBOS (DANCES WITH WOLVES)


"Dances with Wolves" (o que literalmente significa "Danzas con Lobos") foi un filme estadounidense de 1990 (dous anos despois da caída do Muro de Berlín) dirixida por Kevin Costner (tamén protagonista), baseada na nóvela homónima de Michael Blake, a cal levou sete Oscar. Dura arredor de 180 minutos, cunha versión extendida de 233 min.

 A trama trata dun soldado que esta vivindo en primeira persoa a Conquista do Oeste, de feito é el quen decide cambiar a súa posición e moverse a un dos postos fronteirizos que mais afastados estan do que coñecemos como civilización. Pasan os días e os meses e ao non recibiren ningunha orde nin mensaxe, decide entrar en contacto cos indios do pobo Sioux. Pouco a pouco intégrase e familiarízase coa cultura, ademais da lingua; isto e máis a xente que alí coñece serán os factores determinantes para que acabe tendo que elixir entre abandonar á súa vida anterior ou quedarse.





 A película se centra no Século XIX, cando as trece colonias que formaban os Estados Unidos xa eran independentes de Gran Bretaña, e iniciaban a súa expansión dende o Leste. O territorio esta cheo de tribus autóctonas coas que entran en conflito, quedando ao final desaparecidas ou en reservas. Esta película nos mostra como foi o trato cara os indios (coma simples salvaxes, cando moitas veces era todo o contrario) e como funcionaban, como era a vida que eles coñecían e como se relacionan co noso protagonista.


A verdade é que a película estivo moi ben, foi un acerto tanto visual (un gran mérito para xa fai 25 anos da súa saída) como sonora (contando cunha banda musical que cautivoume). Por unha parte, penso que a versión extendida si que pode facerse longa, pero tamén que se pode disfrutar de case toda a película (xa sabedes que eu me meto moito dentro, ou polo que me contan é a miña cara a que o di todo). É moi orixinal representar este suceso dende este punto de vista, xa que a maioría poría aos indios como salvaxes e aos verdadeiros conquistadores como "heroes". Recomendada, como sempre, polo redactor xefe do blog: Sr. Martínez.

NOTA: 8,45/10



PERSONAXES:

Kevin Costner é o teniente John J. Dunbar / Bailando con Lobos (en sioux).
Mary McDonnell é Puño en Alto.
Graham Greene como Paxaro Guía.
Rodney A. Grant como Cabelos ao Vento


Cabalo Horse actuando como Cabalo.

martes, 21 de marzo de 2017

OLIVER TWIST

Oliver Twist é unha película estreada no 2005, cunha duración aproximada de 130 minutos. Foi rodada e producida en Reino Unido, e o seu director é Roman Polanski. Esta esta adaptada da famosa novela de 1838 escrita por Charles Dickens.
  Todo comeza nunha cidade de Gran Bretaña, nun orfanato no que os nenos pasan tanta fame que deciden escoller a alguén para falar co director. É entón cando aparece Oliver, o noso protagonista, que será o afortunado. Acaba por ser expulsado do centro e ofrecido para limpar chimeneas, traballar como aprendiz e outros traballos varios. Farto, consegue escapar e emprender un longo camiño ata Londres, onde coñece a Artful Dodger, que lle ofrece un teito onde durmir. A partir de aí terá que traballar obrigado para Fagin, que dirixe unha banda de nenos carteristas.


 

 O marco é, neste caso, a Revolución Industrial que tanto caracterizou a RU durante o S.XVIII. As cidades chéanse de fábricas e antigos granxeiros que se ven sen nada e non ven outra solución que vender a súa man de obra por un soldo mísero e nunhas condicións non moito mellores. Distinguimos dúas clases sociais (e non grupos, xa que ca chegada do capitalismo agora xa é "posíbel" ascender na sociedade): o proletarido, no que se centra a película e que con sorte consegue a súa subsistencia e a burguesía, que xa chegou ao poder (apartando á nobreza) e manexa os mercados, polo que é a parte que mellor vive. 

Destacan os seguintes personaxes:
Oliver Twist, por Barney Clark. Neno Protagonista.

Ben Kingsley no papel de Fagin, o vello que coida ós nenos carteristas.
Edward Hardwicke como Mr. Brownlow, un burgués co que se atopa en Londres.
Harry Eden como The Artful Dodger, o mellor carterista do grupo.
Leanne Rowe como Nancy, a maior das chicas do grupo e
unha futura amiga de Oliver Twist
E por último pero non menos importante, a miña opinión. 

En xeral todas as películas que vemos na clase son boas; esta non é unha excepción. Visualmente é bastante bonita e argumentalmente non hai ningún tipo de posibilidade de mellora. Un peliculón digno de ser visto. O espectador tamén evoluciona a nivel sentimental co paso da película, algo que de verdade que aprecio, xa que son unha desas persoas que acaban somerxidos completamente.




luns, 20 de marzo de 2017

TEMPOS MODERNOS (MODERN TIMES)

 Neste caso, a peli que vos traio chámase Tempos Modernos, aínda que seguremente xa o saibades; meras formalidades. É moi nova, concretamente do ano 1936 (pero creo que tardou en chegar a España uns poucos anos máis, non por nada en especial). Dura 87 minutos, procede dos Estados Unidos e atopamos como personaxes máis importantes a Charles Chaplin (que tamén dirixe a rodaxe) e a Paulette Goddard.
 Todo comeza unha bonita tarde de verán, cando Charles, un traballador da industria metalúrxica, vólvese tolo (ao pasar o día currando a velocidades inhumanas; démoslle as grazas a Ford), polo que é levado ó hospital. Cando consegue recuperarse, acaba metido nunha manifestación na que o arrestan e levan ó cárcere, onde lidera sen sabelo un motín que lle axuda a liberarse. É entón cando coñece a unha moza orfa coa que emprenderá unha viaxe pola supervivencia; eles contra o mundo.
  

 A película, aínda que esta rodada en branco e negro e case completamente muda (triunfal concerto da man de Chaplin)

, consegue o que pretende: facer unha forte crítica ao momento que pasa o país. Falamos duns Estados Unidos puramente capitalistas que acaban de pasar os seus "Felices Anos 20" para chegar ó gran "Crack do 29". A xente morre de fame, máis dun quinto da poboación activa loitando por gañar o necesario para subsistir. Os "afortunados" que aínda conservan o seu traballo teñen que pasar cada día unhas xornadas de traballo longuísimas, cobrar uns salarios moi baixos, vivir un constante estrés e unha grande opresión por parte dos empresarios e a clase alta.

Rebaño de traballadores é comparado con unha plantilla de ovellas.
 QUIETO PARAO querido espectador. Crías que xa acabara? Non, para nada. Como redactor xefe do meu propio blog caseiro quero dar a miña opinión, xa que aínda que antes de vela pensaba que ía ser un muermo e ía quedar durmido, non foi así.
 É boa, moi boa para a época. A falta de cor e de voces non lle fixeron ningún mal, de feito, creo que reforzan o ambiente da época aínda máis (era así como a xente vía o cine de entón). As esceas usadas reflexan moi ben a desigualdade e a denuncia faise clara, pero sempre mesturada cun toque de humor que fai ao público que en vez de acabar deprimido teña un sorriso e este pensando "jaja, que graciosillas las ovejitas" o "s'a matao Paco". Recomendada, de gran valor histórico.

NOTA: 9,3 / 10