"Sendeiros de Gloria" é un filme dirixido por Stanley Kubrick e estrenada fai xa mais de medio século, concretamente no 1957. Centrada na IGM, protagonízaa Kirk Douglas, ademais de que esta baseada na novela homónima de 1935 (por Humphrey Cobb). Duración: 97min.
Como xa dixen, estamos nun tempo de guera e de moita crueza; o exército francés batalla diariamente cos nazis intentando facerlles retroceder. Entra en escena o Coronel Dax, o noso protagonistra, unha das poucas persoas con xuízo e humanidade que quedan dentro das tropas (e que ten un cargo algo alto). A orde que recibe? Tomar a Colina das Formigas sen reforzos e en dous días, o que é unha morte segura para todos os que traten de facelo. El, entón, defende ao seu escuadron dos xenerais George Broulard e Paul Mireau, que maquiavelicamente pásanse polo forro todo sentido común e convírtense nos "malos da peli". O filme conta como se desenvolven estes acontecementos facendonos pensar moitas veces o por qué das guerras (mais intensamente na escena final, cando os soldados comezan a chorar mentres lle fan coro a unha muller alemana prisioneira, nunha taberna e, vendoo dende as fiestas, o coronel Dax volve a creer na humanidade, dándolle unha oportunidade).
Primeira Guerra Mundial; Francia en 1916. Dous anos despois do asasinato do arquiduque de Austria-Hungría en Saraxevo (desencadeante da guerra) a rede países dos dous bandos esta ben formada. Nela, Francia e Alemaña, que xa estaban en tensión polo control de Alsacia e Lorena loitan brutalmente (neste caso, polo punto estratéxico chamado "Ant Hill" ou Colina das Formigas.
O director, de ideoloxía antimilitarista retrata as inxustizas e egoísmos dentro do exército da República Francesa (como por exemplo que teñan que morrer tres "cabezas de turcos" porque a un xeneral que so le importa subir o seu posto non queira pagar o pato por impoñer unha tarea imposíbel aos seus inferiores).
Como se pode apreciar, é en branco e negro. Dende o meu punto de vista esta bastante ben para pasar o rato; non é a mais entretida que vin na miña vida pero si que te fai levarte as mans á testa con algunhas cousas. Debo dicir que para o pouco presuposto que tiñan e a época na que estaban os efectos son moi bos: non recordo ver erratas ou cromas que se notan na película. PERO, (porque sempre os hai), denótase demasiado para o meu gusto quen ten o papel de que (bo, malo, tonto, protagonista xusticeiro, etc.) aínda que un pouquiño mais a frase "o patriotismo é o refuxio dos sinvergonzas" e todos os zascas que lle manda o protagonista ós seus superiores.
PUNTUACIÓN: 8 / 10
E como sempre, os personaxes principais:
O protagonista. Coronel Dax - Kirk Douglas.
O malo maloso e algo tolo: Xeneral Paul Mireau - George MacReady.
Os dous xenerais. Á dereita, George Broulard - Adolphe Menjou.
A chica alemana que canta entre vágoas - Christiane Kubrick.
Recita "Der treue Husar" ("O fiel húsar"), canción popular alemana que habla sobre un húsar que ama a unha
fermosa xóven durante un ano, ata que esta morre dunha enfermidade.