martes, 3 de xaneiro de 2017

MARÍA ANTONIETA (MARIE-ANTOINETTE)


  Estados Unidos; Ano 2006, Ca.124min.

Int.: Kirsten Dunst, Jason Schwartzman, Judy Davis, Rip Torn, Rose Byrne, Asia Argento, Danny Huston, Marianne Faithfull… [et. al].

1.DIRECTORA (&PREMIOS):
 Neste caso trátase de Sofia Coppola, cuxo nome completo é Sofia Carmina Coppola. Nace en Nova Yorke (EEUU) o 14 de Maio de 1971, e ademais de ser directora de cine é guionista.
A súa carreira empeza moi cedo; aparece na película "O Padrino" cando non era mais ca un bebé. É filla do director e productor Francis Ford Coppola polo que aparece en varias das súas produccións. O seu papel mais coñecido foi o de Mary Corleone en "O Padrino: Parte III" (1990). A grande cantidade de críticas acabaron coa súa carreira interpretativa case por completo (fai unha pequena aparición en "Star Wars: Episodio I - A amenaza fantasma"(1999)).
A súa primeira experiencia detrás da cámara foi có corto Lick the Star (1998). Posteriormente, chegaría o seu recoñecemento a nivel mundial con "As vírxes suicidas" (1999) e máis adiante, "Lost in Translation" (2003) coas que gañaría numerosos premios. En 2006 estrena a súa película "Marie Antoinette" (2006) e lévase un Oscar a mellor vestiario, 3 nominacións ós BAFTA (mellor vestiario, maquillaxe e deseño da producción), dúas nominacións en Cannes e unha máis a Crtics' Choice Awards (mellor banda sonora). En 2010 gaña o León de Ouro do Festival Internacional do Cine de Venecia pola súa última película "Somewhere".

Sofia Coppola
2.LIBRO/ESCRITORA:
A película é unha adaptación libre do libro "María Antonieta: a viaxe" (2001) de Antonia Fraser. 
Ela é filla de Frank Pakenham, 7º conde de Longford e a súa muller, Elizabeth condesa de Longford (nacida Harman), razon pola cal era habitualmente tratada como "Lady Antonia".
Comezou a traballar como "asistente multiusos" de George Weidenfeld en Weidenfeld and Nicolson (o seu "único traballo"), que se convertiu no seu editor e en parte de Orion Publishing Group, que publica os seus traballos no Reino Unido. Gañou o Premio de Historia Wolfson (1984) por "O vaso máis fráxil", un estudio da vida das mulleres do século XVII en Inglaterra. Interésase sempre por biografías históricas coas que fai as súas obras, ademais do seu gusto polas novelas policíacas, sendo exemplos a de María Antonieta, a de Carlos II ou a de Cleopatra.
Antonia Fraser
3.ARGUMENTO:
 Ós 14 anos de idade, María Antonieta (Kirsten Dunst) é separada da súa familia e dos seus amigos en Viena, despoxada de todas as súas posesións e abandonada no mundo sofisticado e decadente de Versalles.
María Antonieta é un simple peón nun matrimonio concertado para solidificar a armonía entre dúas nacións. O seu home adolescente, Luis (Jason Schwartzman), o Delfín, é o herdeiro ó trono de Francia. Pero María Antonieta non está preparada para ser o tipo de rexente que espera o pobo francés. Baixo todo o luxo, ela é unha xóven protexida, asustada e confundida, rodeada de pérfidos detractores, falsos aduladores, titiriteiros e chismosos. Atrapada polas convencións da súa condición na vida, María Antonieta debe encontrar a forma de encaixar no traicioneiro mundo de Versalles.


 Ós seus males engádese a indiferencia do seu novo home, Luis (có que tarda sete anos en consumar matrimonio, é dicir, manter relacións). O tímido futuro rei resulta ser un desastre como amante, desatando graves preocupacións (e incesantes cotilleos) porque María Antonieta nunca chegue a ter un herdeiro.

Abrumada e angustiada, María Antonieta busca refuxio na decadencia da aristocracia francesa e nunha aventura secreta có seductor conde sueco, Hans Axel von Fersen (Jamie Dornan). As súas indiscrecións cedo están na boca de toda Francia.

 Tanto se é idealizada polo seu estilo impecable ou menospreciada por estar imperdoablemente fora do alcance dos seus súbditos, a reacción cara María Antonieta sempre é extrema. Sen embargo, pouco a pouco, a medida que vai madurando, vai encontrando o seu sitio coma muller, madre e raíña para terminar tráxicamente nunha revolución sangrienta que altera Francia para sempre.


4.CONTEXTO HISTÓRICO
 Neste caso, a película esta ambientada no mesmo contexto que "O Perfume" (entrada anterior), a diferencia de que ó sistema económico feudal, ó poder absoluto dos reis, e sobretodo ós estamentos sociais (ós que se accede por nacemento) quédanlles dous telexornais, xa que estes reis foron guillotinados despois co estallido da Revolución francesa (non inmediatamente, senón que paran o seu carruaxe cando intentan saír do país, os aprisionan e cando radicalízanse as masas son executados, convertíndose Robespierre nun líder de masas). En esta película cabe destacar que a diferencia da anterior, todo se centra na vida da nobreza durante eses anos, e non na do terceiro ou segundo estado.

5.RODAXE:
 O equipo de producción obtivo un acceso sen precedentes ó Palacio de Versalles, onde a verdadeira María Antonieta viviu dende o momento do seu casamento (1770) ata o estallido da Revolución francesa (1789). A película ten a mesma simpatía vista de María Antonieta á vida como se presentou na biografía de  Antonia Fraser, da cal a directora fixo o guión.

 Aínda que a acción ocorre en Versalles (incluídos o Pequeno Trianón e a Aldea da Reina), na Ópera de París (que foi construída tras a muote de María Antonieta), algunhas escenas foron tamén rodadas en "Vaux-le-Vicomte", "Chateau de Chantilly", o "Hôtel de Soubise", e no Palacio Belvedere, en Viena.



5.PERSONAXES:
 - O matrimonio de protagonistas formado por Kirsten Dunst (María Antonieta) e Jason Schwartzman (que interpreta a Luís XVI).
Jason Schwartzman 
Kirsten Dunst
 - Judy Davis como Anne d'Arpajon, que lle ensina as costumes a María Antonieta na súa chegada.

Judy Davis
 - Rip Torn como Luis XV, pai de Luis XVI.

Rip Torn
 - Rose Byrne como Rose, la amiga inseparable de Maria Antonieta en Francia.

Rose Byrne


 - Asia Argento como Madame Dubarry, ou o "rollete" do rei.

Asia Argento
 - Marianne Faithfull como María Teresa I de Austria, nai de Maria Antonieta.

Marianne Faithfull
7.VALORACIÓN PERSONAL:

 Debo dicir que xa teño lido bastantes comentarios acerca de esta película, e coincido con todos en que é do tipo das que ou te encantan porque son simplemente perfectas, ou odias a morte porque sentes que nunca recuperarás ese tempo perdido da túa vida. Que que me parece a min? Gustoume moitísimo e a verdade é que pasei un moi bo rato véndoa, e principalmente por dous motivos: o primeiro, a evolución de Maria Antonieta (desde cando chega a palacio coma unha neniña pequena e asustada ata cando sae coma unha muller, nai e raíña que consegue encontrar o seu sitio, quizás un pouco tarde, eso sí) e segundo a estética mesma da película, a forma de representar a vida de deuses que levaba o primeiro estado (con todas esas florituras, almorzos, pasteis e vestidos) contra o enfurecido pobo que preséntase na entrada do palacio para esixir xustiza. Penso que é unha peli digna de ser vista, pero ese é so a miña opinión.

8.NOTA: 7,9 / 10


9.TRÁILER:

luns, 2 de xaneiro de 2017

O PERFUME: HISTORIA DUN ASESINO (DAS PARFUM: DIE GESCHICHTE EINE MÖRDERS)


 Alemaña, España & Francia; Ano 2006. Ca.147min.
Int.: Ben Wishaw, Dustin Hoffman, Alan Rickman, Rachel Hurd-Wood, Karoline Herfurth… [et. al].

1.DIRECTOR:
 Tom Tykwer é o director do rodaxe da película. Naceu en Wuppertal (Alemania) no 1965. Peter Pan foi probablemente a primeira película que viu, e di que a fantasía xuvenil de crear un mundo máxico paralelo foi unha inspiración ese día. Outra experiencia cinematográfica importante foi vendo King Kong (xa que con nove anos descobre que o cine era artificial, feito polos homes). Esta película en particular marcou o principio do seu cariño polo xénero de horror. Tykwer nomeou tamén “La Novia de Frankenstein” de James Whales y “Halloween” de John Carpenter como alguns destes primeirizos haxazgos. Tykwer empezou facendo películas en Súper 8 con once anos, un exercicio puramente fanático destinado a imitar as suas películas favoritas.
Tom Tykwer
(director da rodaxe)
2.LIBRO/ESCRITOR:
 “O Perfume” foi ó principio un libro publicado polo escritor alemán Patrick Süskind, no 1985 baixo o título “Das Parfum: Die Geschichte eine Mörders”. Chegou a ser moi rápidamente best-seller, sendo traducido a máis de corenta linguas. O Perfume, dividido en catro partes e cincuenta e un capítulos, transporta ó lector a un mundo co que non está familiarizado, o mundo dos olores, a través do seu protagonista, Jean-Baptiste Grenouille (grenouille significa rá en francés).

Patrck Süskind
(escritor)
3.ARGUMENTO:
 No lugar máis putrefacto de todo París nace Jean-Baptiste Grenouille baixo o posto que atende a súa nai, entre restos de peixe. Ós quince anos, descobre unha fragancia desconocida para el ata entón. Seguíndoa, chega ata unha fermosa moza de catorce anos que prepara ciruelas; ávido por sentir o aroma que emana dela, Grenouille acaba por estrangulala cando ela o descobre. A partir de entón, o obxectivo na súa vida será poder conservar a fragancia máis pura que olera nunca.

4.CONTEXTO HISTÓRICO:
 A época na que se enmarca a novela pertence ós anos antes da Revolución Francesa. O sistema económico era o feudal (o comercio estaba moi pouco desenvolvido), os reis tiñan o poder absoluto e a sociedade estaba dividida en estamentos ou grupos sociais ós que se accede por nacemento (terceiro estado en Francia, nobreza e clero).  

5.RODAXE:
 Nun principio rodaríase en Croacia, pero finalmente decidiron filmar a maior parte en España, concretamente en Barcelona, Gerona e Figueras. O rodaxe en Cataluña durou aproximadamente dous meses.
As rúas de Barcelona convertíronse nas de París. O barrio gótico no Distrito de Ciutat Vella, centro da cidade histórico (de Barcelona), convírtese no mercado do pescado. Alí desarróllase a escena final, frente á Plaça de la Mercè. El Poble Espanyol foi a localización do laboratorio, a casa e o barrio do perfumeiro Jean Baptiste Grenouille. Por último o laberinto de Horta, é o lugar que se utiliza para rodar a cea entre os nobres parisinos e donde os xóvenes entran a xogar ó laberinto. Para crear o aspecto sucio auténtico, estivieron traballando sobre sesenta persoas para ensuciar e esparcir varias toneladas de desperdicios, peixe e carne pola cidade. Ademais, (SPOILER) unha das poucas partes filmadas fora de España foi na plaza de Grasse onde supúnase que ían torturar ó protagonista, pero este sorprendelles co aroma do perfume xa finalizado.

6.PERSONAXES:
 Entre os personaxes principais encontramos a:

-Jean Baptiste interpretado por Ben Whishaw. É o protagonista da película.
Ben Whishaw
-Dustin Hoffman interpretando a Giuseppe Baldini. É o perfumista que lle axuda a aprender as bases da creación dun perfume, a cambio de que este compóngalle mesturas coas que o seu negocio volve a ser competente.
Dustin Hofman
-Alan Rickman interpreta a Antoine Richis, que é un nobre, padre moi protector (de Laura Richis).
Alan Rickman
-Laura Richis interpretada por Rachel Hurd-Wood. Unha xoven de gran beleza que posee a esencia principal do perfume que elaborará Jean.
Rachel Hurd-Wood
-Karoline Herfuth interpreta á vendedora de ciruelas. Encóntrase co protagonista cando este facía unha entrega no centro de París, e chámalle a atención polo olor que desprendía. Achégase moito sen que se de conta e ao velo tan pegado asústase e intenta gritar, pero tápalle coa man a boca e o naris tan forte que a acaba matando. Nese momento o único que pode facer é esperar a que o olor deixe de percibirse, impotente. Ahí é onde comeza a súa carreira para conservar fragancias.
Karoline Herfuth




 7.VALORACIÓN PERSONAL:
 Trátase dunha película que retrata moi ben a sociedade e os problemas do momento, así como a diferenza entre nacer nobre ou ser do terceiro estado. Mestura a cruda realidade ca fantasía e o delirio do protagonista e do final que aínda totalmente inesperado, é unha escena na que a escritora do libro deixa voar a súa imaxinación cun resultado espectacular (SPOILER) no que o perfume fai que a poboación abandone os seus principios e se deixe guiar polo amor, sentimento que Grenouille é incapaz de entender (razón pola cal é o único que pode úsalo no seu beneficio sen enloquecer).


8.NOTA: 9,15/10



9.TRÁILER:


COMO ESTÁN USTEDES?

Ola!! Chámome Martínez, Pablo Martínez; sede benvidos a este pequeno blog para a asignatura de Historia através do Cine do meu instituto IES San Paio, en Tui.
  Creo que lendo o título calquera pode darse unha idea do que vai tratar este rincón, pero aínda así, gustaríame que antes de comentar as pelis puiderades ter unhas "nocións básicas" sobre o sentido da existencia de esta cousa rara, que non é máis que para axudar á xente que se fai a seguinte pregunta:
 -Onde podo atopar pelis sobre... Revolución Francesa? Industrial?(etc.). Estan ben? De que van? ademais de info sobre o propio cine, actores, escritores...
Como teño 16 e (obviamente) non son ningún experto crítico do cine (nin vai dirixido a esta clase de persoas) quero facelo ó mais sinxelo de entender, todo ben ordenadiño e con moita foto. 
  Presentacións feitas, espero que vos sexa de utilidade e que comentedes o que vos pareceron estas películas e que nota lles daríades.


PD: tentarei facer na medida do posibel un pequeno esquema que sería así:
Os pequenos esquemas que serían así están sobrevalorados.*

0.Ficha Técnica
1.Director/a
2.Escritor/a
3.Argumento
4.Contexto histórico
5.Rodaxe
6.Personaxes Principais
7.Valoración Personal
8.Nota que lle dou sobre dez
9.Tráiler